Cerámicas do Castro amosa a factoría e traballos en visitas guiadas

Vista da fábrica de Cerámicas do Castro, do grupo Sargadelos, en Samoedo

Cerámicas do Castro, do grupo Sargadelos, iniciou un ciclo de visitas guiadas ás súas emblemáticas fábricas, tanto na sadense do Castro de Samoedo, como na de Cervo, na Mariña.  O obxectivo das visitas é fomentar e preservar un dos patrimonios turísticos e empresariais máis representativos de Galicia.

A visita é gratuita e ten unha duración estimada de 30 a 40 minutos. O horario de visita á fábrica do Castro é ás 12.00 horas ou en horario de traballo, pero sen guía. O visitante poderá coñecer o proceso polo que pasan as pezas ata converterse nas prezadas pezas de porcelana.

Na planta do Castro está tamén o Museo Carlos Maside, aberto ao público tras asinar un convenio coa Deputación da Coruña. Presenta un estado de conservación impropio para a colección que alberga.