Un campo de traballo retira invasoras no curso do Mandeo

O Mandeo

Participantes nun campo de traballo en Coirós melloran a calidade ambiental a beiras do río Mandeo ao realizar traballos como eliminar a flora invasora, fundamentalmente a crocosmia e a tradescantia. O alcalde, Francisco Quintela, saudou onte aos integrantes no campamento, que alcanza a súa terceira edición e que está promovido pola Fundación Fragas do Mandeo, unha entidade privada que realiza funcións de custodia do territorio e restauración ambiental en diversos puntos do bosque de ribeira do Mandeo e Mendo.