Campamento de conciliación en Coirós

O Concello de Coirós

O Centro de Información á Muller de Coirós programou un campamento de conciliación dirixido a menores de 3 a 12 anos. Desenvolverase durante os meses de xullo e agosto e a primeira semana de setembro . Haberá talleres de reciclaxe, cociña, manualidades, pintura, xogos, deportes e cine. Costa 20 euros para empadronados e 40 para o resto. O prazo de inscripción pecha o día 31.