O BNG pediu a dimisión de Santiso da presidencia do Consorcio das Mariñas e de todos os cargos que ostenta por ser alcalde de Abegondo

Cristina López é a responsábel comarcal do BNG

O BNG pediu a dimisión de Santiso da presidencia do Consorcio das Mariñas e de todos os cargos que ostenta por ser alcalde de Abegondo. “Parécenos lamentábel ver ao alcalde de Abegondo paseándose polo xulgado e afirmando que non sabe que é ilegal conceder lincenzas para construír unha urbanización en rústico. O PP está normalizando as ilegalidades e permitindo que alcaldes de referencia do Partido Popular, que fora conselleiro no seu momento, se pasee polos xulgados sen pedirlle a dimisión. Está normalizando a ilegalidade”, afirmou a portavoz do BNG, Cristina López.

“Santiso Miramontes leva 20 anos sendo alcalde de Abegondo aínda que non de xeito ininterrompido e, a maioría deles, baixo as siglas do PP. Foi conselleiro de Política Agro-alimentaria entre 2004 e 2005, cando Alberto Núñez Feijóo era vicepresidente da Xunta, e despois deputado autonómico. Pese a que a querela contra el por prevaricación urbanística presentouna o fiscal en 2008, Santiso, que xa non era entón afiliado segundo o propio PP, foi cabeza de cartel do PP nas municipais nos comicios de 2011 e 2015 e con toda esta experiencia política Santiso quere facernos crer que non sabía que era ilegal construír en rústico. Desde logo hai que ser moi crédulo para pensar que iso é posíbel”, criticou López.

O BNG presentará unha moción nos concellos que forman parte do Consorcio das Mariñas solicitando a dimisión de Santiso. Desde o BNG, pediron aos alcaldes dos concellos que forman parte do Consorcio das Mariñas que esixan a súa dimisión como presidente. “Ademais pola súa condición de alcalde é Presidente do consorcio das Mariñas, e entendemos que os demais alcaldes e alcaldesa deben esixir a súa dimisión despois de que onte se abrise o xuízo”, engadiu a portavoz nacionalista.

“Ademais Santiso preside tamén o GDR e a Reserva da Biosfera, pensamos que se como el afirma non sabe que non se poden construír urbanizacións en solo rústico non está desde logo capacitado para presidir unha Reserva da Biosfera”, ironizou López. “Os grupos políticos e entidades que forman parte do GDR pensamos que teñen o deber de pedir que o seu presidente asuma a súa responsabilidade e presente a súa dimisión, e non contribuír a normalizar a ilegalidade e a corrupción”, concluíu a voceira nacionalista.

Visto para sentenza o xuízo, prevese que o xuíz resolva o día 20 de xullo

A fiscal que exerce a acusación no xuízo por presunto delito de prevaricación urbanística continuada en Abegondo mantivo a súa petición de penas de prisión e inhabilitación ou de multas e inhabilitación para os dez acusados polo “pelotazo urbanístico” que fixo que “do que era un monte resultase unha urbanización de chalés” na Fraga, en Limiñón. O cuestionamiento dos criterios técnicos e xurídicos dos técnicos e peritos da Xunta e da exsecretaria municipal que emitiu informes contrarios, a dúbida da “lealtade” e a veracidad do testemuño da habilitada nacional e a ignorancia de reparos xurídicos e de informes contrarios centrou os argumentos das defensas dos dez acusados, entre os cales figuran o alcalde , José Antonio Santiso e o exalcalde, Juan José Rocha -para os que se piden dous anos de cárcere e dez de inhabilitación- e outros oito imputados, entre técnicos e exconcejales. As defensas pediron a absolución.

Os avogados defensores, que reprobaron esta acusación da fiscal, coincidiron en alegar que os seus defendidos actuaron sen coñecemento de obrar en contra da normativa e sen dolo (“vontade deliberada de cometer un delito a propósito do seu ilicitud”, segundo a RAE). O letrado da arquitecto Cristina Ballón, que informou a favor de reformados, defendeu que a súa representada pecou de “pardilla” e que emitiu informes antes de coñecer os desfavorables da secretaria.

Prevese que a sentenza se faga pública o vindeiro día 20 de xullo, despois de 10 anos de proceso.