O BNG celebrará cunha festa nacionalista en Ponte Aranga o día da Patria galega

O BNG celebrará o día da Patria nas Mariñas o vindeiro domingo 22 de xullo cunha festa nacionalista na area recreativa do barranco da loba en Ponte Aranga. Á xornada acudirá Rubén Cela, membro da executiva nacional do BNG, e militantes e simpatizantes do nacionalismo na comarca das Mariñas. A festa consistirá nun xantar e unha actuación músical do grupo de música tradicional Os Sobraos de Bergondo ao longo da tarde

A actividade enmarcase nas actividades con que o BNG preparará o día da patria galega. “Este 25 de xullo coincide cos 50 anos desde que no 1968 despois de décadas de parón pola ditadura franquista as reivindicacións do pobo galego se volvesen escoitar nas rúas”, explicou a responsábel do BNG das Mariñas, Cristina López. Ademais a organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, fará un mosaico para celebrar o 30° aniversario de Galiza Nova despois do xantar da Festa da Patria.

O BNG convida a esta festa a calquera persoa que queira participar inscribíndose no correo marinhas@bng.gal e a asistir a manifestación que como todos os anos convoca en Compostela o día 25 xullo ás 12 saíndo da Alameda de Santiago co lema “Sumar por Galiza” có fin de conseguir “un País mellor a partir do proxecto inclusivo do nacionalismo que quere integrar e sumar a todas as persoas que defendan os dereitos de Galiza”, concluíu.