Eliminados 150 kilos da planta Amor de home do Callou

O Concello de Bergondo informou que durante o fin de semana realizou unha actuación medioambiental no río Callou e retiráronse 150 quilos de tradescantia fluminensis, coñecida tamén como Amor de home. Remarca que se trata dunha planta moi invasora do medio natural e fai anos que se introduciu en traballos de xardinería.
En total, nese foco recolléronse oito bolsas, nas que se estima que había uns 150 quilos aproximadamente. O traballo foi realizado por membros do Voluntariado Ambiental do Concello e anúnciase que terá continuidade.