Convocadas novas protestas para esixir a pasarela da N-VI diante do CFEA en Guísamo

A fronte común formada pola comunidade educativa do Centro de Formación Agroforestal de Guísamo e empresarios de Bergondo decidiu prolongar durante o mes de maio as súas protestas para esixir unha pasarela peonil na N-VI.

Os organizadores atribúen a súa decisión á falta de resposta por parte do Ministerio de Fomento. As manifestacións celebraranse todos os venres do mes de 11.00 a 12.00 horas. Esta demanda conta co apoio do goberno local de Bergondo e do BNG.