Un camión que transportaba millo envorcou onte na Nacional-VI en Guísamo

Imaxe do accidente

Un camión que transportaba millo envorcou onte na Nacional-VI en Guísamo, á altura das antigas naves de Flex. O accidente produciuse ao mediodía e o condutor, aínda que nun primeiro momento sentiuse indisposto, non sufriu lesións.

O accidente causou leves retencións ao producirse nas inmediacións do cruce de Guísamo entre a N-VI e a N-651 que prosegue cara Ferrol por Fiobre. Para retirar o camión cortouse un carril e regulouse o tráfico.