Bergondo reforza a seguridade viaria en Santa Marta

Igrexa e cruceiro de Santa Marta

O Concello de Bergondo comezou as obras para mellorar a seguridade vial na contorna da praza de Santa Marta. O executivo municipal explica que o obxectivo dos traballos é facilitar o tránsito dos peóns na zona, un cruce perigoso ao tratarse do acceso á autopista AP-9.

A primeira fase das obras de mellora inclúe actuacións en todos os pasos de cebra da zona, tanto na estrada principal como na de Guísamo. Algúns dos pasos elevaranse e outros se volverán a pintar, reforzándose coa instalación de lombos de asno en ambas vías.

O Concello prevé instalar iluminación específica para os pasos de cebra e pintar todas as marcas viais da antiga AC-170. A segunda fase do proxecto, que prevé sacar nuns meses a licitación, incluirá a creación dunha rotonda para o acceso principal á zona e regular o tráfico cara a Rois ou Bergondo.