Bergondo convoca as axudas para libros e material escolar

Concello de Bergondo

O Concello de Bergondo abriu o prazo de presentación de solicitudes para as axudas que concede a alumnos do municipio en situación económica ou social desfavorable, coas que poderán adquirir libros ou material escolar para o próximo curso.

A partida municipal destinada a esta iniciativa é de 8.000 euros e diríxese a estudantes menores de idade que cursen estudos de Educación Infantil, Primaria ou Secundaria Obligatoria e que estean incluídos en programas de intervención familiar dos Servizos Sociais Municipais ou aqueles cuxos ingresos non superen as cantidades recollidas na convocatoria publicada onte no Boletín Oficial da Provincia. O límite de ingresos para as familias de dous membros é de 22.594 euros e a contía da axuda variará en función dos ingresos económicos da unidade de convivencia, aínda que poderá abarcar todos os gastos en libros e material escolar.

As solicitudes poderán presentarse durante dez días hábiles a partir de onte. O obxectivo das subvencións é colaborar na educación dos fillos de familias bergondesas que se atopen nunha situación de dificultade, segundo detalla o Concello.