Bergondo anuncia que remataron as obras na parada do bus de San Paio

O goberno local de Bergondo anunciou onte que xa remataron as obras de reacondicionamento da zona da parada de bus en SanPaio. Executouse un muro de contención de terras e creouse unha escaleira para facilitar o acceso ás casas lindeiras. Ademais, cambiouse a marquesiña do autobus por unha nova, plantáronse árbores e colocáronse dous bancos.

O goberno local aproveita así un espazo cedido pola Deputación da Coruña para facer máis accesible a zona facilitando o acceso dos peóns ás casas salvando o desnivel existente.