Augas de Galicia impuxo unha sanción de 5.000 euros ao Concello de Bergondo por un vertido na depuradora do polígono

Augas de Galicia impuxo unha sanción de 5.000 euros ao Concello de Bergondo por un vertido na depuradora do polígono bergondés en 2016. O Concello e a empresa concesionaria do mantemento da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) interpuxeron recursos contra a multa e o organismo dependente da Xunta rexeita agora ambos.

O Concello estuda interpoñer un recurso contencioso-administrativo contra a resolución de Augas de Galicia ao dar por válidos os argumentos da concesionaria, que sostén que a calidade das augas non vulneraba os parámetros esixidos pola lei. O Goberno local aclara, de todos os xeitos, que a responsable do funcionamento da depuradora é a empresa que ostenta a concesión do servizo, polo que, de manterse a sanción, repercutiríalla.

Augas de Galicia rexeitou os recursos presentados pola concesionaria e polo Concello. O primeiro, por considerar que a empresa non está legitimada para formulalo ao tratarse dun servizo municipal. E o segundo, porque o Concello formulou o seu recurso de alzada fóra de prazo.

No escrito presentado polo Concello, indicábase que fora redactado polos servizos xurídicos da concesionaria, que argumentaba, igual que no seu propio recurso, que non se había incumplido nin a autorización de vertido de augas residuales nin a directiva europea nin o real decreto.

A inspección que motiva a sanción realizouse o 21 de xullo de 2016. Tras esta revisión, Augas de Galicia abriu o procedemento por unha suposta infracción leve, cunha sanción económica de 5.000 euros. A resolución de interposición da multa foi comunicada ao Concello bergondés o 17 de febreiro de 2017, relata o Executivo municipal. O 15 de marzo dese ano, o Concello presentou o recurso de alzada contra o expediente, en nome da concesionaria, e o 3 de abril de 2017 presentouno o propio Concello, aínda que elaborado pola empresa.

O Concello incide en que o rexeitamento de Augas de Galicia “non entra no fondo do recurso”, é dicir, nas discrepancias sobre a calidade das augas depuradas pola EDAR do polígono de Bergondo. O Concello analizará agora cos seus servizos xurídicos a posibilidade de recorrer á vía do contencioso administrativo, que é o seguinte paso trala desestimación dos recursos de alzada, “ao entender que a responsable do servizo certifica que está todo correcto e que Augas de Galicia non chegou a profundar no seu argumentación”, sinala. O Concello “ten claro que si finalmente hai que facer fronte a unha sanción, debe ser a concesionaria quen a asuma, dado que é a quen corresponde o mantemento de dita depuradora”, apunta.

As queixas polos problemas na depuración do polígono de Bergondo son constantes desde hai anos e repercuten na calidade da auga do rio Maior e da praia do veciño concello de Sada no que desemboca.