Arranca un curso de agricultura ecolóxica en Betanzos mentres Abegondo pecha o de pragas en froiteiras

Unha horta con tomates na comarca

Un total de 39 persoas da comarca participaron nas xornadas técnicas sobre o control de pragas e enfermidades en árbores foiteiras que organizou a Oficina Agraria de Cambre o pasado luns e martes na Casa Consistorial de Abegondo.

Por outra banda, hoxe comeza un curso de agricultura ecolóxica en Betanzos, organizado pola asociación Herbamoura, o financiamento da Deputación e a colaboración técnica do Sindicato Labrego Galego. Terá lugar os días 5, 10, 11, 17 e 18 de decembro, en horario de 15:30 a 19:30 h na sede do SLG na Cruz Verde e será impartido por un enxeñeiro técnico agrícola.