Aranga constitúe unha comisión informativa de urbanismo

Concello de Aranga

O Concello de Aranga creou unha comisión informativa de urbanismo. O Boletín Oficial da Provincia publicou onte a creación e composición deste órgano municipal, que estará presidido polo alcalde, Alberto Pratas (PP) e do que formarán parte a socialista Sandra Pena e o independente Alfonso Espiñeira.

A comisión tratará, entre outros asuntos, a modificación do plan xeral en trámites ou a ampliación da rede natura.