O alumnado da UNED senior visita a González Garcés

O alumnado daUNED Senior visitou o pasado luns a Biblioteca Miguel González Garcés, que é de titularidade estatal e está xestionada pola Xunta de Galicia, que se atopa en Monelos. Alumnos e docentes percorreron as instalacións do edificio, coñecendo os seus fondos documentais, o arquivo histórico, a amplitude do seu fondo de consulta e curiosidades do propio inmoble que a acolle.