Alumnado da Uned Senior visita a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

Alumnado da Uned Senior na Pablo Picasso

Cun percorrido polas aulas de cerámica ou deseño, un repaso á historia da escola, onde foi alumno Pablo Picasso e docente seu pai e unha aproximación aos estudos artísticos superiores de Deseño, os Ensinos Artísticos Profesionais e Taller Cerámico I e II que ofrece o centro, o alumnado da Uned Sénior achegouse á Coruña para coñecer o proceso de elaboración de pezas cerámicas ou deseño artístico.

A misión da Escola é dar unha formación artística e técnica superior, como unha formación profesional de calidade, adaptada ás dinámicas culturais e técnicas xeradas polo mundo produtivo, que posibilite un primeiro traballo aos graduados.