Alda Hotels reabrirá o hotel de Sada e creará 50 empregos

A cadea Alda Hotels prevé que a reapertura do Sada Mariña supoñerá a creación de medio centenar de postos de traballo, unha vez que se faga efectiva. Alberto Rodríguez, foi o encargado de facer pública a compra definitiva do edificio á entidade financeira Abanca, aínda que non precisou a canto ascendeu o custo da operación.

O hotel está previsto que volva abrir as súas portas este verán aínda que o fará por fases, primeiro 20 ou 30 habitaciónse algúns dos apartamentos. A reapertura non sería totalmente efectiva ata a Semana Santa de 2019. Alda Hotels faise cargo da xestión das habitacións, xa que a filosofía da empresa é tan só ofrecer aloxamento. Para o resto de servizos, como restaurante, cafetería ou gimnasio, entre outros, contará con empresas externas.

O Gobierno local celebra a venta do hotel. Confía en que xerará emprego en Sada e promete que facilitará a súa posta en marcha.

Habitacións
O hotel dispón de 70 habitacións e 20 apartamentos e o adquirente terá que realizar un importante desembolso en reformas, despois dos anos que o hotel leva pechado.

A adquisición do inmueble sadense, que permanece pechado desde o ano 2013, é a operación económica máis importante que realizou desde a súa constitución como empresa.