O alcalde de Paderne nomea ao presidente da Deputación embaixador do branco lexítimo

A festa tivo lugar nas inmediacións do Lagar de Esperela
9-marzo-2017

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, foi nomeado Embaixador do Branco Lexítimo durante a celebración da Mostra de exaltación desta variedade vitivinícola que acolle cada ano o Concello de Paderne.

González Formoso recibiu a distinción de mans do alcalde da localide, César Longo Queijo, e no seu discurso destacou o “traballo incansable dos produtores e bodegueiros da zona para lograr situar a estes viños como sinónimo de calidade” e comprometeuse a que a Deputación “seguirá dando o seu apoio para dar a coñecer o Branco Lexítimo dentro e fóra de nosas fronteiras”.

O presidente provincial súmase así á nómina de embaixadores do Branco Lexítimo da que xa forman parte a Fundación Juana de Vega, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, a Escola de Guísamo e varios alcaldes da provincia, así como bodegueiros e hostaleiros. Este nomeamento, supostamente honorífico, é un calco dos cabaleiros do albariño e outros nomeamentos similares que supostamente emulan ás ordes de cabaleiría.