O alcalde de Miño declarou onte polo accidente laboral dun empregado

Ricardo Sänchez Oroza

O alcalde de Miño, Ricardo Sánchez Oroza, declarou onte ante o xuíz en calidade de investigado polo accidente laboral que sufriu un operario municipal en agosto de 2016, que lle deixou secuelas graves e irreversibles. O traballador caeu dunha escaleira cando realizaba labores de poda nunha árbore para facer sitio a un “food-truck” na contorna da praia.

O accidente produciuse fóra do horario laboral, por orde directa do alcalde e sen que se adoptaron as medidas de seguridade preceptivas, segundo denuncia a representante legal do operario.

O alcalde negou que presenciase os traballos, tal e como sostén o denunciante. Ricardo Sánchez só admitiu que pasou pola zona durante os labores de poda. O rexedor, que onte se negou a responder ás preguntas da avogada do traballador lesionado, negou desde o primeiro momento calquera responsabilidade neste suceso.