A AD Miño busca apoio para reformar o seu campo

Un partido da AD Miño

A Asociación Deportiva de Miño reuniuse co presidente da Federación Galega de Fútbol e mais co presidente da Deputación para tratar de xuntar os fondos necesarios para renovar o campo de fútbol de Gallamonde, no que adestran oito equipos. O clube sostén que o céspede artificial excedeu a vida útil media deste tipo de instalacións logo de 13 anos de uso intensivo e que empeza a conlevar un risco para os deportistas.

Integrantes do clube tamén mantiveron varias xuntanzas co executivo local, sen resultado.