Outro accidente de moto na Costa do Sal pon en entredito a seguridade na N-VI

Centro de saúde de Betanzos

Unha parella sufriu feridas ao chocar coa motocicleta na que viaxaban contra o quitamedos da N-VI en Coirós, sobre as 15.40 horas no kilómetro 561. A moto saiu da vía e batiu contra o gardarraíl. Os ocupantes sufriron diversas contusións e foron trasladados, conscientes, ao Punto de Atención Continuada (PAC) de Betanzos.

O pasado día 6 ocorreu outro accidente de moto moi preto do de onte, no kilómetro 560 pero en Aranga, no que o condutor faleceu.