O colexio de San Marcos premiado pola formación permanente do profesorado

O colexio de Abegondo 

A Consellería de Educación ven de conceder un galardón ao CEIP Plurilingüe de San Marcos, de Abegondo, polo seu proxecto de formación permamente do cadro docente. É un dos tres Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2018 recaídos na provincia da Coruña. O premio recoñece “a calidade dos plans de formación deseñados polos propios colexios e institutos e desenvolvidos no curso 2017-2018.

Para a concesión dos premios, valorouse o contido innovador e a transferibilidade do proxecto, os recursos tecnolóxicos utilizados, o traballo multidisciplinar e en equipo, o grao de implicación da comunidade educativa, os recursos aportados á comunidade e o desenvolvemento das competencias profesionais docentes a través destes proxectos, apunta a Xunta.

Ademais, tívose en conta “a existencia dun sistema de avaliacións relativo á implantación e ao desenvolvemento do proxecto e o nivel de logro alcanzado”.