Aberto o prazo para solicitudes de novo ingreso na escola infantil de Abegondo

Escola infantil de Abegondo

O Concello de Abegondo recibe desde hoxe e ata o día 31 deste mes as solicitudes de novo ingreso e reserva de praza para a Escola Infantil Municipal Pasiños para o próximo curso. Serán requisitos para poder solicitar praza que o menor nacera no momento de presentación da solicitude e que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso, que será o próximo mes de setembro.

Ademais, o pequeno non debe ter cumpridos os tres anos de idade a 31 de decembro de 2018. Os menores que xa estiveron escolarizados no curso 2017/2018 nesta escola deberán presentar reserva de praza para o novo curso.

As solicitudes, xunto coa documentación requirida, presentaranse no departamento de Servizos Sociais do Concello de luns a venres de 8.30 a 14.30 horas. Para máis información pódese contactar co departamento no 981 647 996