Abegondo celebra este domingo a súa Feira de Artesanía

A capela de San Marcos de Abegondo

Antigüidades e produtos artesáns de bisutería, coiro ou textil, concentración de coches históricos, postos de polbo e churrasco e callos nos bares. Son algúns dos atractivos da Feira de Artesanía que organiza o Concello de Abegondo organiza para este domingo.

Situarase no centro de San Marcos. No mercado poderanse visitar máis de 40 postos diferentes, o que supón un incremento respecto de anos anteriores, apunta o Concello.