Abegondo cambia definitivamente as feiras para o centro de San Marcos

O Concello de Abegondo decidiu cambiar para o centro de San Marcos o lugar de celebración das feiras tradicionais que se celebran os segundos domingos de cada mes. Esta decisión que xa se aplicará o vindeiro domingo, busca segundo explicou o goberno dinamizar a actividade do comercio e a hostalería así como favorecer a asistencia.