Abegondo amplia as beirarrúas en Crendes

O Concello de Abegondo mellora a seguridade vial na estrada AC-221 ao seu paso por Crendes mediante a ampliación das beirarrúas nun tramo de 350 metros que carece delas e no que existen vivendas. As obras instalarán beirarrúas de 1,5 metros de anchura, así como a rede de recollida de augas pluviales e os seus pozos de rexistro.

Esta actuación, que supoñerá un investimento de 45.000 euros está integrada nun plan municipal para completar as beirarrúas no percorrido entre San Tirso e a ponte sobre o embalse. Os traballos obrigan a regular a circulación na zona mediante semáforos móbiles.