A Cámara de comercio da Coruña organiza cursos de loxística e hostalería en Coirós

Coirós acolle desde onte a mediodía sendos cursos de loxística e hostalería para 20 mozos e mozas menores de 30 anos dos concellos de Coirós, Aranga, Oza-Cesuras e Paderne que estean inscritos no ficheiro de garantía social. Esta formación está organizada pola Cámara de comercio da Coruña en colaboración cos 4 concellos.

O curso de loxística inclúe formación en manexo seguro de carretillas e cargas. Mentres, o curso de hostalería está especialmente dirixido ao persoal de pequenos locais de hostalería e turismo.

A actividade formativa desenvolverase en horario de mañá no Centro Social de Coirós.