A Xunta outorga 288 000 euros para un taller de emprego de xardinería entre sete concellos

Un xardín no centro de Betanzos

Os concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Paderne e Oza-Cesuras compartirán un obradoiro de emprego, financiado pola Xunta, para formar a 20 persoas sen emprego en froiticultura e xardinaría. O goberno galego aportará 288 807 euros para aprenderlles tarefas de cultivo de árbores froiteiras e actuacións auxiliares en viveros, xardíns e centros de xardinería. Serán dez alumnos por cada unha das dúas especialidades.

Os municipios beneficiaranse das prácticas que realicen durante a súa formación estes alumnos, xa que consistirán en actuacións de mellora e acondicionamento de espazos públicos, adecuación de invernadeiros, mantemento de árbores froiteiras ou creación de xardíns, ademais de recibir a súa formación teórica. As respectivas oficinas de emprego dos municipios son as que seleccionaron aos participantes, que estarán durante nove meses, de setembro a xuño.