A Xunta contrata a rehabilitación doutras 5 das casas que posee no Casco Histórico

Unha vista parcial do Casco Histórico

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e vivenda, ven de sacar a licitación as obras de rehabilitación doutros 5 inmobles no Casco histórico. O investimento da Xunta na rehabilitación destas 5 vivendas será de preto de 1,2 millóns de euros.

As casas que prevén rehabilitar son as situadas nas rúas da Cerca, nos números 45, 47 e 49, a situada na rúa Nova no número 75 e na rúa da Torre no número 17. O prazo para executar estas obras será de un ano e as ofertas deben presentarse antes do 3 de abril. Está previsto pois que as obras rematen xusto antes das eleccións municipais de 2019.

Nos 3 inmobles da Rúa da Cerca investiranse 667.353 euros e as vivendas resultantes da rehabilitación serán unha de 3 dormitorios, unha de 2 e unha de 1 dormitorio. Na rúa da Torre, gastaranse 225 mil euros nunha vivenda de 3 dormitorios e na rúa Nova 297 mil en 2 vivendas de 1 dormitorio cada unha.

Estas 5 vivendas que se veñen de licitar unense a outras 3 que están actualmente en obras e a 3 máis que o goberno galego anunciou que licitará proximamente. A Xunta posee ainda así outras 8 vivendas no casco histórico de Betanzos entre as que mercara no ano 2011 e as que ven de adquirir este ano, sen rehabilitar. As primeiras obras sobre estas vivendas comenzaron o pasado ano 6 anos despois da súa adquisición. Isto provocou as críticas do BNG que reclamou durante anos orzamento para a rehabilitación destas vivendas.