O Xulgado négase ao arquivo dunha causa laboral contra Betanzos HB

Unha manifestación ante a factoría

O Xulgado de Instrucción nº4 de Betanzos ven de dictar un auto opoñéndose ás pretensións de dous responsables de Betanzos HB, que demandaron o arquivo dunha causa por un suposto delecto contra a seguridade e a hixiene no traballo. A denuncia fora interposta pola Fiscalía e mais a a Confederación Intersindical Galega (CIG).

O xulgado negouse a arquivar a denuncia, tal e como pedían responsables da empresa, ao considerar que, de “os informes elaborados polos inspectores de traballo” e de “as declaracións ofrecidas durante a instrución” despréndense indicios de que “na empresa estivéronse vulnerando de xeito sistemático e reiterado as regras aplicables en materia de prevención de riscos laboraies”.

A titular do xulgado apela no seu auto a varios supostos incumprimentos e sostén que “existen indicios probatorios suficientes da comisión dun delito de lesións”, un extremo que deberá dilucidarse en xuízo. A resolución xudicial aínda non é firme e os responsables da empresa teñen dereito aínda a presentar alegacións.

O auto chega logo de que a antiga Tafiber vise como dous dos seus responsables eran condenados o pasado ano en primeira instancia por un accidente rexistrado en abril de 2014. A Fiscalía de Medio Ambiente tamén abrira outra causa por supostos delictos ambientais.