Voluntarios de Proteción Civil realizan un curso sobre lume e primeiros auxilios

O goberno local entregando un premio á agrupación de Proteción Civil

Voluntarios de Protección Civil de Betanzos participaron onte nun curso de formación sobre actuacións no ámbito urbano e rural e sobre primeiros auxilios. Os voluntarios realizaron prácticas en sufocar incendios forestais ou en vivendas e vehículos. Os efectivos recibiron tamén formación en primeiros auxilios en caso de accidentes. Os exercicios realizáronse nas instalacións do centro de formación ocupacional de Bellavista.