Unha sentenza obriga ao Concello a demoler parte dunha casa na Praza do Concello

A vivenda, á dereita da imaxe

O Concello de Betanzos ten previsto proceder en breve á execución subsidiaria da demolición parcial dunha vivenda ubicada na praza da Constitución, número 2. O edificio, actualmente a medio construír, presenta tres plantas, baixo e ático, a segunda sen pechar. Os traballos afectarán á terceira planta, o ático e outros elementos do inmoble que non se axustan á licenza.

Segundo informa o goberno local, os tribunais condenaron aos propietarios do inmoble por non adaptarse á licenza concedida en 1995 e, en 2011, instaron ao Concello a adoptar as medidas precisas para dar cumprimento á sentenza, que non se cumpriu aínda. Os traballos ascenderán a 35 000 euros.