Tanto PP como PSOE adxudícanse ter conseguido que Fomento realice obras na Ribeira

Vista parcial da Ribeira anegada

O PP e o PSOE intentan convencer á veciñanza de que as obras da Ribeira son grazas ás súas xestións, mentres o BNG alegrouse de que por fin se leven a cabo e a parabenizou á veciñanza.

O portavoz do PP de Betanzos, José Angel Rodríguez, agradeceu onte ao Ministerio de Fomento o investimento de 950.000 euros en obras na N-651 que permitan minimizar as inundacións da Ribeira. O edil e senador destacou que se trata dunha das demandas trasladadas polo seu partido ao Goberno e mostra a súa confianza en que será unha “primeira pedra” para liquidar unha “grave problemática”.

Pola súa parte o PSOE afirmou que “Se trata dunha actuación coa que se pretenden minimizar os efectos das mareas, demandada desde hai moito tempo pola veciñanza e polo Concello”, indicou. O primeiro edil explicou que desde a Alcaldía “se mantiñan desde hai meses contactos cos responsables do Ministerio, conversas que se incrementaron logo das inundacións do pasado mes de marzo, polo que era coñecedor, por eses contactos, que realizaría unha actuación”.

O BNG, mentres desde o seu perfil nas redes sociais, indicou “Alegrámonos! Agardamos que sexa a solución ou axude cando menos a reducir o impacto das enchentes. Non entendemos porque para unha obra de 4 meses e 900 mil euros tardaron tantos anos”.

Os demais grupos políticos non fixeron declaracións sobre estas obras de vital importancia para o barrio da Ribeira.