Sufocan un incendio sen feridos na Travesía da Torre

Escaleiras entre a rúa nova e a travesía da Torre

Os bombeiros de Betanzos acudiron no serán de onte a sufocar un incendio no Casco Histórico de Betanzos. Os servizos de urxencias informaron de que arderan os mobles dunha cociña e que tiveron que extinguir as chamas e tamén ventilar a zona.

Unha particular alertou aos servizos de emerxencias, desprazándose ata a zona efectivos de Protección Civil e mais do parque comarcal de bombeiros. Malia o aparatoso da fumareda, non se rexistraron danos persoais.