Satisfacción diante do anuncio da Xunta de fondos e asesoramento para a rehabilitación do Pasatempo

A Consellería de Cultura trasladou ao Concello de Betanzos o seu compromiso de colaborar na rehabilitación do parque do Pasatempo con fondos e apoio técnico para redactar o proxecto. O titular do departamento autonómico, Román Rodríguez, evitou concretar a contía e apuntou como posible fonte de financiamento o programa 1,5% Cultural que promueve o Ministerio de Fomento para financiar traballos de conservación ou enriquecimiento de bens inmuebles do Patrimonio Histórico Español.

A Consellería de Cultura garante que aportará fondos para executar a segunda fase da rehabilitación do parque enciclopédico, que dispón xa dunha achega inicial de Concello e Diputación de 750.000 euros -600.000 euros da institución provincial e 150.000 euros do Concello-.

Os técnicos de Patrimonio colaborarán na redacción do proxecto de rehabilitación, que se elaborará paralelamente á súa catalogación como Ben de Interese Cultural. A Xunta estuda actualmente trece alegaciones á declaración de BIC, entre outras, a do Concello, que pediu reducir o perímetro de protección, e as da Asociación Amigos do Pasatempo e BNG, que esixen medidas para reducir o tráfico na avenida Fragra Iribarne a carón do Parque.

Reaccións diante deste anuncio

O Concello expresou onte a súa satisfacción polo compromiso de Cultura de aportar fondos. “Agora o que nos queda é traballar e acelerar todos os pasos administrativos para poñer todo en marcha “, celebrou o alcalde, Ramón García.

O PP congratulouse tamén do anuncio, que vinculou coas reunións que o seu portavoz, José Angel Rodríguez, mantivo durante os últimos anos cos responsables autonómicos para reclamar fondos para rehabilitar esta “xoia patrimonial” e co “extraordinario labor” do colectivo Amigos do Pasatempo.

O BNG amosou a súa satisfacción diante do anuncio da Xunta de aportar axuda técnica á redacción do proxecto de rehabilitación do Pasatempo. “Lamentamos o tempo perdido, porque se admitisen a nosa emenda aos orzamentos desde ano xa teriamos proxecto e cartos, pero obviamente mellor isto que nada”, abundou o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

As nacionalistas manifestaron a súa satisfacción por que o goberno galego asuma a súa responsabilidade na rehabilitación e conservación do Pasatempo. “Se Xunta e goberno local acabaron mudando de postura, foi en boa medida grazas á presión exercida pola veciñanza e asociación de amigos do parque,  aos que parabenizamos polo seu traballo”, entende Del Río.

O nacionalista salienta que “polo de agora, con todo, o único compromiso firme de investimento na rehabilitación do Pasatempo segue a ser o da Deputación” desde as áreas de cooperación cos concellos, patrimonio e cultura que dirixen deputadas do BNG. Neste sentido, demandou do goberno local “que se poña as pilas neste asunto”, dado que “O Concello aínda non ten sequera contratada a redacción do proxecto de rehabilitación, malia que presentou o anteproxecto hai case dous anos”. Entende que este tempo foi “un precioso tempo perdido” polo que demanda á Xunta que comprometa “xa” unha cantidade concreta para a recuperación do parque.