San Francisco acolle esta tarde un concerto do ciclo “No bico un cantar”

Un concerto en San Francisco

O certame musical No bico un cantar é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega e da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia que se celebra cada primeiro venres de xuño dende o ano 2013 en diferentes concellos de Galicia.  Esta actividade que ten como obxectivo trasladar a paixón pola música culta e a poesía galega a escolares de toda Galicia.

Nel participan o quinteto de metais Hércules Brass e un coro de 400 escolares de todo o país dirixidos por Maximino Zumalave. Esta edición non escolle poemas de ilustres figuras da literatura galega senón que presta atención a unha temática de tradición popular como son os Alalás. Trátase dun tipo de canto popular que carece dunha definición estrita e que ten unha gran presenza na nosa tradición musical. Caracterízase por ser unha peza de canto libre, sen estrutura fixa que tivo moita forza na tradición galeguista como canto melancólico do serán vencellado en moitos casos á xente moza, entre eles o celebérrimo Alalá das Mariñas.

A cita en Betanzos será esta tarde, na igrexa de San Francisco, desde as 18 h.