Rescatan dun noiro a unha octoxenaria que saíu de vía co seu coche

Ao incendio acudiron os bombeiros de Betanzos

Unha muller duns oitenta anos tivo que ser rescatada onte polos bombeiros de Betanzos tras saírse de vía e quedar atrapada no interior do turismo nun noiro. O sinistro tivo lugar en Montellos sobre as 11.30 horas, cando o vehículo que guiaba saíuse da vía e precipitouse por un desnivel, segundo informou a central de urxencias 112 Galicia.

Foi un particular o que contactó co 112 Galicia para alertar deste accidente de tráfico. O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasou aviso de forma inmediata ao 061, aos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Betanzos, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e ao servizo de mantemento da estrada. Urxencias Médicas 061 enviou unha ambulancia asistencial que atendeu no punto do sinistro a unha muller duns 81 anos, que recibiu a alta voluntaria e non foi preciso trasladala finalmente ao centro hospitalario.