Reparar catro pistas deportivas estragadas por falta de mantemento custará 90 000 euros

Pista deportiva do Xuncaliño. Imaxe do Concello

O goberno local anunciou que acaba de adxudicar a mellora de catro pistas polideportivas por algo máis de 90 000 euros. Trátase das situadas nas Miñas (Tiobre), O Sapeiro (Requián), o Xuncaliño (A Ponte Vella) e Guiliade (Piadela).

A adxudicación en 90.305 euros supón unha rebaixa dun 26% con respecto ao orzamento de licitación, de 123.116 euros (IVE incluído), salienta o goberno nun comunicado de prensa. Para executar os traballos a empresa terá 3 meses.

As obras consistirán en corrixir deficiencias que presentan na actualidade as instalacións deportivas e mellorar as súas prestacións. Estas pistas presentan actualmente un deterioro importante debido á falta de mantemento nos últimos anos e, segundo o goberno local, as obras están nun suposto programa- nunca aprobado nin presentado como tal- de obras de reparación de desperfectos por falta de mantemento no polideportivo municipal, as polideportivas cubertas, o campo do Carregal e o García Irmáns e as pistas da Angustia, A Condesa, Bellavista e a de ciclismo.

A pista das Minas, cun pavimento rebentado e rodeada de silveiras que invaden o seu terreo de xogo, será a primeira segundo o anuncio do executivo local. Haberá que substituír o firme estragado por anos sen atención suturando fendas, fisuras e pozas, colocar un novo peche perimetral e desbrozar. Logo marcarase para xogar a fútbol sala, baloncesto e balonmano.

No Sapeiro a actuación centrarase en atallar a falta de mantemento dos camiños de acceso, pavimentándoos. Na do Xuncaliño, cuxa reparación demandou o BNG en pleno recentemente, amañarase o pavimento deteriorado pola falta de mantemento e o estragado peche perimetral. Se pavimentará a contorna. A pista de Ou Xuncaliño tamén presenta problemas no pavimento, ademais dunha pechadura con tramos oxidados e en mal estado e a zona perimetral “rodeada de vegetación con falta de mantemento”. Repararanse o firme e a pechadura e rozarase a contorna, ademais de pintar as marcas no chan para os distintos deportes.

En Guiliade as actuacións serán no pavillón municipal, que precisa limpeza e reparación debido á
“suciedade acumulada” e a “falta de mantemento estrutura metálica do pavillón”, como recoñece a propia memoria. Por este motivo limparase a cuberta e perfís da estrutura e aplicaranse anticorrosivos.

As catro pistas deportivas suman, pois, obras por 90 000 euros que se deben á falta de atención e mantemento ordinario nos últimos anos. O seu estado de deterioro e a falta de atencións por parte do executivo local ten ocasionado numerosas queixas e iniciativas da oposición no pleno. Agora haberá que destinar 90 000 euros do POS+, para financiar obras, a simples actuacións de mantemento que diariamente debía ter realizado o Concello.