O PSOE culpa á Xunta da situación do Pasatempo

O novo desprendemento. Imaxe do Concello

O PSOE anunciou onte que presentará unha iniciativa no Parlamento de Galicia instando á Consellería de Cultura a concretar a partida que destinará ao Parque do Pasatempo para completar o investimento de 750.000 euros comprometida pola Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos. Os socialistas sosteñen que o conselleiro Román Rodríguez comprometeuse a complementar as achegas provincial e municipal ata abordar o 100% do orzamento para acometer a recuperación integral do Pasatempo.

Aínda que hai meses o exalcalde celebraba o apoio da Xunta e se mostraba encantado do compromiso de apoio en elaborar o proxecto e unha inconcreta partida orzamentaria, agora o PSOE intenta sacar o foco de atención sobre a situación do Parque e o descontento e indignación despois do derrubo da pasada semana, cargando a responsabilidade na Xunta.

O PSdeG, a instancias do Grupo Municipal de Betanzos, presentará unha emenda para que a Xunta incorpore unha partida para este fin nos Orzamentos de 2019.

Os socialistas betanceiros cargan ademais tintas nos cargos públicos do Partido Popular como a directora xeral de Xuventude e candidata á Alcaldía de Betanzos, Cecilia Vázquez, ou o senador do PP e portavoz municipal, José Angel Rodríguez, reclamándolles que se sumen “esta petición e reclamen esta partida ante os responsables da Consellería de Cultura”.

Neste sentido, o PSOE considera que, nas últimas horas, ambos tentaron “desviar a atención hacia o Concello de Betanzos -propietario do Parque e responsábel da obra que se estaba a exectuar no momento do derrubo- sobre a ausencia de partidas de investimento no Pasatempo”.

“As únicas administracións –engadiu o PSOE– que si se comprometeron publicamente con cantidades económicas foron precisamente a municipal, aprobando en pleno 150.000 euros, e provincial, pendente de convenio, con 600.000”. Os socialistas cren “lamentable” que a directora xeral de Xuventude, cargo público @de la Xunta, asista a un acto en defensa do Pasatempo cando desde hai anos a Administración galega ten “esquecido” o parque a pesar das constantes peticións de colaboración do Concello de Betanzos.

O BNG desvelou que o convenio coa deputación que ten o orzamento reservado para asinar ainda foi aprobado formalmente polo goberno local o pasado 5 de outubro e por iso está sen asinar. O BNG criticou tamén que a prioridade do goberno sexa contratar o amaño da pasarela “para acceder a un Parque que está a caer”.  Os nacionalistas esixen que se aclare a que administración lle corresponde redactar o proxecto e lembran que o Concello reservara unha partida de 160.000 euros nos orzamentos de 2017 “para facelo e non o fixeron”.