O proxecto de Fomento para evitar ás inundacións da Ribeira ascende agora a 1 millón de euros

Vista parcial da Ribeira anegada

O Concello de Betanzos recibiu onte o estudo previo á ejecución das obras de mellora da N-651, na Ribeira, para evitar as inundacións. Os traballos incluirán a construción dun colector para a recolleita de pluviales e válvulas que eviten a entrada de auga ao río cando suba a marea. As obras, que serán executadas polo Ministerio de Fomento, necesitan dun investimento inicial dun millón de euros, segundo informou onte o alcalde, Ramón García Vázquez.

A primeira actuación, segundo o rexidor municipal, consistirá no peche do muro do Malecón. A segunda, centrarase na rede de drenaje para evitar a entrada de auga do mar a través da rede actual e en conducir as augas de choiva ao pozo de bombeo durante os periodos de mareas altas. Para iso será necesario construír unha rede de drenaje complementaria á existente, que estará formada por colectores e redes de sumidoiro.

O portavoz do PP de Betanzos informou a semana pasada á veciñanza do barrio da Ribeira a semana pasada deste proxecto do Ministerio de Fomento, antes de que fora enviado sequera ao Concello.