O PP reúne aos seus alcaldes para preparar as municipais

O voceiro do PP co presidente do partido na Coruña

O presidente do Partido Popular da provincia da Coruña, Diego Calvo, mantivo unha reunión cos alcaldes e portavoces dos municipios de Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Monfero, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, Sada, Sobrado, Vilasantar e Vilarmaior.

O PP explicou que presentará en “as próximas semanas os nomes dos candidatos do partido xudicial de Betanzos” que concorrerán ás eleccións municipais de 2019. O popular afondar na idea de que a súa formación é a única capaz de ofrecer aos veciños un goberno “serio e eficaz”,apartado dos “experimentos populistas”que demostraron durante todo este tempo “a súa nula capacidade de xestión” e, o que é máis preocupante, a confirmación da posta en práctica dunha política “sectaria, de confrontación e moi prexudicial” para o futuro dos municipios.

“Cada día que pasa confírmase que a política de xestos ten un percorrido moi curto” asegurou Calvo sostendo que “sufrímolo a nivel local en moitos lugares onde as Mareas de Podemos están máis preocupadas das súas leas internas que de xestionar os municipios”,dixo Calvo.

Ante este panorama, e a nove meses para a celebración dos comicios municipais, o presidente popular insistiu aos seus en que “chegou o momento de botar o resto” para convencer á xente de que o Partido Popular é a mellor opción de goberno, e recalcou que,de non facelo así, “logo só haberá tempo de arrepentirse das cousas que non fixemos”.