O PP reclama o amaño do firme de Paio Formoso, na Ribeira

O voceiro do PP nunha comparecencia con varias edís

O PP reclamou no último pleno ordinario que o Goberno local execute as accións necesarias para corrixir e emendar o estado do firme da praza Paio Formoso na Ribeira. Asegura que trasladou a petición tras recibir queixas recibidas “hai xa semanas por usuarios e residentes da zona” e tras reclamalo en máis dunha ocasión ao goberno local.

Por outra banda, os conservadores tamén criticaron no pleno o “abandono” do barrio da Magdalena-Condomiña. Os populares afirman que a falta de mantemento desta zona “volveu a xerar un gran malestar entre os residentes”. A formación insta ao Executivo a “atender dunha vez as demandas expostas pola veciñanza, dado que é máis que evidente o abandono da zona”.