O PP denuncia que hai ratas na Ribeira e exixe limpeza de sumidoiros

O voceiro do PP co presidente do partido na Coruña

O PP de Betanzos reclama ao Goberno municipal “maior intensidade e frecuencia” na limpeza urbana e do saneamento en zonas da Ribeira, en concreto, onde se sitúan as vivendas do Grupo Brigantium. Os veciños da zona trasladaron as súas queixas ao portavoz da formación, José Ángel Rodríguez, a quen informaron do “estado de suciedade” dos sumidoiros da zona e da presenza de “roedores”, o que aseguran que supón “un perigo ante a numerosa presenza de nenos”.