O PP denuncia a falta de limpeza das pistas do Carregal

O voceiro do PP nunha comparecencia con varias edís

O PP demandou a limpeza das pistas deportivas do Carregal. A formación conservadora asegura que ten recibido numerosas queixas neste sentido, destacando a pouca frecuencia da limpeza.

Asegura que a falta de limpeza ocasiona que aparezan cristais e botellas rotas, e outros elementos que supoñen un perigo potencial para os usuarios deste equipamento deportivo.