O PP de Betanzos reclama un informe sobre as carencias dos pasos de peóns

O voceiro do PP nunha comparecencia con varias edís

Os populares reclaman elaborar un informe detallado das carencias detectadas e propoñer solucións para cada caso cos seus correspondentes cuantías económicas. O grupo municipal popular esixe que este “programa” se realice no prazo de tres meses. Unha vez identificadas as carencias que poidan presentar os pasos de cebra no municipio, o PP reclama que o Concello estableza unha orde de prioridade para fixar unha orde para a realización dos traballos que corrixan esas carencias.

Ademais dos problemas de visibilidade, os populares reparan tamén nos problemas de accesibilidade para as persoas con mobilidade reducida. O PP destaca “a existencia de numerosos pasos no municipio que na actualidade non contan cunha accesibilidade correcta, é dicir, que non se atopan adaptados ás normativas vigentes en relación á eliminación de barreiras arquitectónicas”.

Problemas en sitios críticos como a Ponte Vella ou o Valdoncel

Detalla que “algúns destes casos pódense atopar en zonas como Ponte Vella, Valdoncel, Rúa Os Ánxeles ou Cruz Verde, entre outras”. Aseguran que nestas áreas “pódese contemplar perfectamente como as beirarrúas non se atopan adaptadas para unha boa accesibilidade dirixida a persoas con algún tipo de discapacidade”.