O PP de Betanzos pide que o superavit se gaste nun plan de investimentos

O voceiro do PP nunha comparecencia con varias edís

O PP de Betanzos presentou unha moción que defenderá no pleno de hoxe na que solicita que o superávit e o remanente existente este ano, cifrado en torno a 1,3 millóns de euros, se gaste nun plan extraordinario de investimentos.

Os populares consideran que estes fondos deben dedicarse a obras de saneamento na cidade e as parroquias, accesibilidade de instalacións municipais, mantemento de vías urbanas e rurais e melloras de infraestruturas culturais e deportivas, así como de equipamentos.