O PP culpa a PSOE e En Marea de que os buses de Betanzos non cheguen ao centro da Coruña

O voceiro do PP nunha comparecencia con varias edís

“A Xunta de Galicia tiña e ten unha folla de ruta moi clara para a mellora do transporte público no área da Coruña, pero unha vez máis e en contra dos intereses dos veciños de municipios como o de Betanzos, o Rexedor ‘mareante’ da Coruña, Xulio Ferreiro, pecha as portas a unha inmediata posta en marcha do Plan de entrada dos autobuses ao centro de Coruña e no cal pretendíase por parte da Xunta unir as fases restantes en só unha para conseguir que os veciños dos concellos, entre eles Betanzos, se beneficiasen desta iniciativa que recorta os tempos de viaxe e elimina transbordos para chegar ao centro da cidade herculina, é dicir, traxectos máis curtos, máis cómodos e con menor repercusión económica sobre o peto dos seus usuarios” asegura o PP nun comunicado de prensa.

Para os populares brigantinos, esta decisión por parte do Concello da Coruña de opoñerse a unha inmediata entrada deste Plan prexudica claramente aos intereses dos betanceiros, e non é máis que unha “guerra política” por parte do alcalde da Marea sen dar unha explicación sobre as razóns polas cales opóñense, con tan só un “non porque non”.

Para o Partido Popular de Betanzos “é obvio que estamos ante unha iniciativa boa para os betanceiros, do mesmo xeito que para o resto de concellos afectados, e trátase dunha actitude moi pouco responsable esta postura do Concello herculino respecto de este beneficio para Betanzos”. Neste sentido, censuran a “total irresponsabilidade e dun nulo interese pola loita dos beneficios para os betanceiros que o Alcalde socialista brigantino, Sr. García, presente na reunión celebrada no día de onte , non haxa nin reprochado, rexeitado ou mostrado a súa oposición contra esta decisión que claramente prexudica a Betanzos”.

O PSOE, calado ante a Marea, prexudica a Betanzos

Segundo o PP trátase de “unha decisión política que se tomou sen base nin argumento, sen explicación sobre os porqués do seu non”, simple e llanamente pechan e atrasan os intereses dos brigantinos con tan só un ‘non é non”. Desde o Grupo Popular instan ao Alcalde de Betanzos a que mostre o seu total rexeitamento e oposición á decisión tomada por parte do Regidor Coruñés e que afecta aos mellores intereses para os betanceiros.

Os populares xa denunciaron en varias ocasións que o executivo local se ten pregado aos intereses da Marea en cuestións sobre transporte público na área metropolitana coruñesa. O PP ven sostendo, desde hai tempo, que PSOE e Marea- a través da marca local Betanzos Novo (BN)- manteñen ás agachadas un goberno bipartito na nosa cidade e que en determinadas cuestións é En Marea quen marca a folla de ruta ao alcalde.