O PP aparta a Rodríguez Prieto e confirma como cartel a Cecilia Vázquez

Cecilia Vázquez- segunda pola esquerda- e José Ángel Rodríguez- segundo pola dereita- nun acto na Casa da Xuventude

O movemento do PSOE situando á fronte da alcaldía e do cartel electoral, a falta da confirmación oficial, a María Barral, obrigou a mover ficha no PP. Así, a directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez, será a candidata polo PP en Betanzos.

O seu nome soaba desde hai meses nos mentideiros, e mesmo varias enquisas preguntaron recentemente pola súa valoración e coñecemento entre os betanceiros. Esta fin de semana o PP puxo fin aos rumores e confirmouna, apartando do cartel a José Ángel Rodríguez Prieto.

Cecilia Vázquez é licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo e, antes de ocupar a dirección xeral de Xuventude, exerceu como coordinadora da Rede galega de dinamización xuvenil e foi tamén responsable da Oficina transfronteriza de información xuvenil Galicia-Norte de Portugal nos anos 2009 e 2010.