Pablo Beade será concelleiro de Turismo e a alcaldesa seguirá xestionando Igualdade e Servizos Sociais

O grupo socialista co exalcaldeo día do Pleno de investidura

María Barral deu a coñecer onte a nova distribución das áreas de goberno unha vez escollida alcaldesa. A entrada doutro concelleiro socialista na Corporación, e por extensión no grupo de goberno, Pablo Beade, en substitución da acta do ex-alcalde, Ramón García Vázquez, fai que a alcaldesa redistribuíse as competencias no seo do goberno local.

Así a alcaldesa, ademais das competencias propias da Alcaldía, manterá a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade. Como primeiro tenente de alcalde, Diego Fernández, mantén as responsabilidades de Formación e Emprego, Persoal e Réxime Interior, Tráfico e Seguridade, Festas, Economía e Servizos.

Antonio Vázquez Lorenzo seguirá á fronte da área de Urbanismo e Casco Histórico, Infraestruturas e Medio Ambiente, Transportes e Contratación.

A edil Mónica Carneiro Cid terá as competencias en Comercio, industria, Participación Cidadá e relacións coas asociacións veciñais, Feiras e mercados, Consumo e organización de eventos.

Ana Veiga Pita será a delegada de Nomenclátor, Honras e distincións, Escola de Folclore, Conservatorio e actividades musicais e Normalización Lingüística.

As áreas de Educación, Cultura, Deporte, Información Cidadá e Novas tecnoloxías serán competencia de Andrés Teijo Hermida; mentres que Pablo Beade Pérez asumirá as responsabilidades de Turismo, Xuventude, Promoción económica e Protocolo.

O Decreto asinado pola alcaldesa delega expresamente en Diego Fernández a sinatura de documentos contables e decretos sancionadores en materia de tráfico, e en Antonio Vázquez Lorenzo os de concesión de licenzas urbanísticas de obra menor e de primeira ocupación.

Tamén se fixo pública a composición da xunta de goberno local da que formarán parte, ademais da alcaldesa, Diego Fernández como primeiro tenente de alcalde, Mónica Carneiro Cid, como segunda tenente de alcalde, Ana Belén Veiga Pita, terceira tenente de alcalde, Andrés Teijo Hermida, cuarto tenente de alcalde e Pablo Beade Pérez, quinto tenente de alcalde.

María Barral fixo fincapé en algo que xa destacara no seu discurso de investidura en canto á súa intención “de darlle continuidade a Alcaldía na mesma liña de facer política do anterior alcalde”