O “survival zombie” que o goberno local programa en Entroido será de pago

A alternativa que o goberno local socialista programou ao tradicional entroido non será gratuíta. O executivo local anunciou que poñerá pronto á venda as entradas do ‘Survival Zombie’ “nos próximos días”. Nun comunicado anuncian que o goberno e a empresa promotora do Survival Zombie, World Real Games, mantiveron onte un encontro para ultimar os preparativos desta xornada, prevista para o próximo 2 de marzo, sábado de Entroido.

O goberno local asegura que sacará á venda as entradas “nos próximos días” e que os betanceiros terán “un prezo especial”. O xogo localizarase entre 15 e 18 lugares. O executivo destaca que un elemento diferenciador deste “evento deportivo”, que se celebrou exactamente igual o pasado ano en Sada, organizado pola mesma empresa e un área de goberno tamén do PSOE, que “está totalmente prohibido o alcol”. Afondando na “singularidade” que ve neste evento que a empresa move por concellos de todo o estado, o goberno local asegura que o xogo realizouse xa en máis de 200 localidades con máis de 200.000 xogadores en todo o país.